A PARTIR DE 10 AÑOS
Neste libro encontraredes catro contosque falan de amor, de paz, de solidariedade,nos que os personaxes sonrapazas e rapaces con problemas, dunhaidade similar e moi soñadores. Xoana,unha nena que está nunha cadeira derodas, descobre o valor da amizade conXacobe, un rapaz marroquí; Antón, unneno solitario, apréndelle a facer paxariñasde papel a Sariña; e Alicia, unhanena coxiña, atopa nun monicrequecheo de vida e no seu dono a alegría devivir. Déixate levar pola fantasía e descubreo que se agocha aló, ao outro ladoda esquina.
Dispoñible Xogo de Lectura (número 30).
Formato |
Código Comercial | 7171269 |
ISBN | 978-84-216-7281-5 |
Tamaño | 12 x 19 cm |
Páginas | 96 |
Encuadernación | Rústica Hilo |
Fecha de publicación | 03-02-2012 |
Colección | ALTAMAR |
IBIC | YFB |
Antonio García Teijeiro naceu en Vigo no ano 1952. é mestre de ensino primario e dirixe, habitualmente, obradoiros de creación literaria para ensinantes en Galicia e fóra dela. Colaborou nos xornais e revistas pedagóxicas máis importantes de Galicia, e segue a ter unha intensa relación co mundo editorial. Ama fondamente a literatura en xeral, a lírica en particular e maila música. Dous dos seus libros foron incluídos na Lista de Honra da CCEI. Gañou, no ano 1996, o Premio Merlín de literatura infantil.