A PARTIR DE 10 AÑOS
Un merlo nace branco... é diferente... ¡Vaiche boa!... e ten problemas. Ninguén o quere. Emprende unha viaxe chea de divertidas aventuras. Quere ser gaivota, cotorra, flamengo, pomba, ou calquera outro paxaro que teña por norma ser branco... ata que todos se decatan de que o mellor para un merlo (branco, negro, azul, vermello, amarelo..., ¡que máis dá!) é ser merlo. ¡¡Nin máis nin menos!!
Formato |
Código Comercial | 7171313 |
ISBN | 978-84-216-8926-4 |
Tamaño | 12 x 19 cm |
Páginas | 104 |
Encuadernación | Rústica Fresado |
Fecha de publicación | 27-08-2012 |
Colección | ALTAMAR |
IBIC | YNDS |
Comeza a súa actividade en 1975 como actor de teatro, traballando nas Mostras de Rivadavia. Actúa con compañías teatrais de Vigo até 1983, despois con outras compañías de Galicia e co CDG. En 1989 debuta como director coa obra "El mirlo blanco". Desde entón é asíduo da escena galega, participando en varios foros sobre teatro, e impartiu seminarios e cursos de interpretación. Desde finais dos 90 participa como guionista en series de ficción para a TVG. É presidente da AADTEG (2005). Premios e recoñecementos: Diversos premios como autor teatral. Formación específica: Acudiu a cursos e seminarios, destacando a asistencia ás clases de Philippe Gaulier en París.