Menu
¿No encuentras lo que buscas? Búsqueda avanzada
O merlo branco

O merlo branco

Autor/a Cándido Pazó
Ilustrador/a Xan López Domínguez

Un merlo nace branco... é diferente... ¡Vaiche boa!... e ten problemas. Ninguén o quere. Emprende unha viaxe chea de divertidas aventuras. Quere ser gaivota, cotorra, flamengo, pomba, ou calquera outro paxaro que teña por norma ser branco.

Un merlo nace branco... é diferente... ¡Vaiche boa!... e ten problemas. Ninguén o quere. Emprende unha viaxe chea de divertidas aventuras. Quere ser gaivota, cotorra, flamengo, pomba, ou calquera outro paxaro que teña por norma ser branco... ata que todos se decatan de que o mellor para un merlo (branco, negro, azul, vermello, amarelo..., ¡que máis dá!) é ser merlo. ¡¡Nin máis nin menos!!

Formato

Cándido Pazó

Comeza a súa actividade en 1975 como actor de teatro, traballando nas Mostras de Rivadavia. Actúa con compañías teatrais de Vigo até 1983, despois con outras compañías de Galicia e co CDG. En 1989 debuta como director coa obra "El mirlo blanco". Desde entón é asíduo da escena galega, participando en varios foros sobre teatro, e impartiu seminarios e cursos de interpretación. Desde finais dos 90 participa como guionista en series de ficción para a TVG. É presidente da AADTEG (2005). Premios e recoñecementos: Diversos premios como autor teatral. Formación específica: Acudiu a cursos e seminarios, destacando a asistencia ás clases de Philippe Gaulier en París.

Xan López Domínguez

Libros similares